Base de comidas cotiás, para o día a día:
- guisos de carne (calquera carne, e pezas "pobres", duras, ergho, económica, vitela, porco, polo...): base de cebola, allo, pemento e gornición na mesma cocción de pataca e chícharos)
- guisos de peixe: caldeirada con rustrido de cebola e pementón ou só con aceite de oliva en crú.
- caldo de nabizas ou grelos, sempre ben.
- caldeiradas de verdura con ou sen allada (coliflor, repolo, brécol, xudías)e ovo cocido
- guisos de fabas (case igual que o de patacas do primeiro punto, pero con fabas en vez de patacas)
- guisos de lentellas, con ou sen carne, e con todas as verduras que teñas.
Se che gusta cociñar, pois nada, experimenta e proba ingredientes e técnicas para non aburrirse. Pero se precisas sobrevivir sen agobios, estes básicos non me explico como é que se perden no buraco negro do abandono.
Nunha conversa escolar-familiar sobre #dietaatlantica NINGUÉN falou destes mínimos hábitos na casa